martes, 7 de mayo de 2013

Teoría

Orixe e relacións,
unha teoría que se abre paso,
as unidades indivisíbeis da materia,
a teoría de cordas,
as vibracións que determinan
diferentes sons, diferentes propiedades,
arredado do reducionismo,
abrindo novos campos intelectuais,
explorando as verdades naturais,
non quero máis contos para nenos,
nen a  crenza nun Deus desclasado,
nen conformarme coa imbecilidade do redor,
nen coa mediocridade de mentes febles,
non me vale con sinxelas interpretacións,
crer naquilo que me obrigan a crer,
perdín isa necesidade polo camiño,
por iso agora plantexo dúbidas,
observo o universo expandirse no ceo,
recopilo números cuánticos no caderno,
por iso agora estudo co microscopio
a composición da materia,
viaxo polos bordes dos buratos negros,
mido a gravidade da relatividade xeral,
tocado pola radiactividade natural,
nunha galaxia que non me retén,
tampouco os bispos da Conferencia Episcopal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario