lunes, 17 de junio de 2013

O libre mercado: isa gran mentira

O LIBRE MERCADO: ISA GRAN MENTIRA



As persoas que traballan en economías abertas acaban esixindo vivir en sociedades máis abertas”. Estas palabras foron pronunciadas polo ex-presidente norteamericano George W. Bush na reunión en Quebec, no ano 2001, pola sinatura do convenio de libre comercio ALCA (Asociación de libre comercio americano). Resulta un chisco abraiante cando, este mesmo convenio, reflexa a libre circulación de mercancías, pero non así de persoas.

As cousas mudaron dende entón. Unha crise económica dende o ano 2007 azouta dende os mesmísimos cimentos do sistema capitalistas. Unha crise nacida dende as mesmas imposicións do evanxelio do libre mercado.

Mais en troques de modificalas políticas, os países, auspiciados polas institucións económicas globais (FMI; Banco Mundial, Organización Mundial do Comercio), endureceron as políticas liberais no seo da cada nación. Aplicaron as doutrinas sen pestanexar: redución do gasto público, privatización dos servizos públicos e desregulación financieira. Os diferentes gobernos encamiñáronse cara esto aplicando duras medidas en contra da opinión da súa poboación. E para controlalo rexeitamento da poboación, non dubidaron no uso da forza.

Son varios mortos en manifestacións no estado español. O mesmo que en toda Europa. Os feridos cóntanse por miles, o mesmo que noutros países europeos que sufriron a traizón dos seus gobernantes en prol das institucións de Bruselas, Francort e Nova Iork.

Todo isto vai en contra desa suposta liberdade tan cacareada polos representantes do libre-mercado. A liberdade da poboación non pode sustentarse na represión policial. Eso é evidente. Pero hai quen non quere nen ollar, que xira a testa cara outro lado.

Tentan inculcarnos que o libre mercado é sinónimo de democracia e liberdade. O certo é que esto está moi lonxe de ser certo. Unha das figuras principais desta teoría económica, Milton Friedman, recoñecía que a poboación non aceptaba de bo grado as súas reformas, por iso precisábase un goberno forte e que non lle tremera o pulso á hora de usala forza. Milton Friedman foi o principal conselleiro económico do dictador chileno Augusto Pinochet.

As grandes institucións económicas mundiais, FMI e Banco Mundial, que están integradas dentro da ONU, inda que funcionan dun xeito diferente (algo que vai encontra dos propios estatutos da ONU), non dubidaron en apoiar economicamente a réximes sanguentos, sabendo incluso da represión cara a poboación, porque non dubidaban en poñer en práctica tódalas receitas do libre mercado destas dúas institucións. Os créditos que lle negaron ó presidente electo chileno Salvador Allende, reiniciáronse ó día seguinte de gañalo golpe os militares. Tamén financiaron a violenta ditadura de Suharto en Indonesia ou a de Mumbutu no Congo, a pesares da extrema corrupción dos seus gobernos. Unha cuestión que, por certo, foi a esgrimida naquel tempo para negarlle créditos a Ghana.

Un artigo nos propios estatutos do Banco Mundial é que non poden actuar nun país segundo premisas políticas, teñen que repetala soberanía nacional. Eso xamais se cumpriu. O premio Nobel de Economía en 2001 e vicepresidente do Banco Mundial (1997-2000), denunciou as actuacións basadas en intereses xeo-políticos das institucións económicas mundiais, sempre baixo os intereses dos EEUU, que se afirman como garantes da liberdade. Estas críticas supuxeron que o secretario norteamericano do Tesouro, Lawrence Summer, obrigárao a dimitir.

O presidente Bush, iluminado tamén polos evanxelios do libre mercado, iniciou dúas guerras, en Afghanistán e Iraq, logo dos ataques de setembro de 2001 (Lendo algúns arquivos desclasificados do goberno norteamericano, sorprendeume atopar un plan dos anos 60 para adestrar a pilotos cubanos para preparar un ataque sobre varios rañaceos na cidade de Nova Iork, e así xustificar unha invasión á illa de Cuba). Pasado o tempo, aquelas guerras contra o terrorismo, na procura das arquicoñecidas armas de destrución masiva, que non apareceron xamais, vimos como en realidade foron guerras para espallalo libre mercado en Extremo Oriente. Ou tamén pode valer, para introducilas empresas norteamericanas en territorio historicamente hostil.

A Green Zone de Iraq estaba chea de multinacionais norteamericanas, que financiaron a masacre. A día de hoxe, en Bagdad, a xestión dos servizos públicos recaen nas maos de compañías dos EEUU e aliados. As tarefas de reconstrución do país, recaen tamén sobre compañías occidentais. Os traballadores iraquís vense sen traballo e pisados por empresas estranxeiras. En Afghanistán, sorprende o control da produción de opio por parte de empresas dos invasores.

O exército norteamericano tamén foi un bo caldo de cultivo para as privatizacións. Segundo denunciaron a algúns xenerais, un soldado de cada catro pertencían a empresas privadas, coma Halliburton. Por exemplo, na guerra do Vietnam, a proporción resultante era dun cara 14 soldados. A empresa Halliburton, por certo, dirixida na sombra polo vicepresidente no goberno Bush, Richard Cheney. Estímase que esta empresa gañou 18.000 millóns de dólares coa súa presencia en Iraq.


O libre mercado está moi lonxe da liberdade. É un sistema sustentado en violencia e sangue, que illa a quen se lle opón e oprime as liberdades dos pobos. As mentiras repetíronse tanto que a xente chegounas a crer. Pero moi lonxe da realidade. O empecinamento europeo cara estas políticas está deixando tras de si unha tráxica realidade: aumento do paro ata niveis históricos, graves recortes sociais que comprometen a vida de moita xente, fame, enfermidades, aumento de suicidios, redución dos soldos e aumento dos custos da vida, e xeracións enteiras condenadas a un mundo de sombras. Namentres, os grandes empresarios, políticos e executivos inflan as súas contas bancarias desviando os seus capitais cara paraísos fiscais.

No estado español, a diferencia entre os soldos máis básicos e o dos grandes executivos é dun 800%. Nos anos oitenta, esta estadística estaba no 40%. Os únicos empregos que incrementaron as súas remuneracións foron os executivos das grandes empresas e políticos. Segundo datos oficias do Banco de España, entre xullo de 2011 e xullo de 2012, os inversores e grandes fortunas sacaron 326 mil millóns de euros.


A estadística non minte. A historia ófrenos demasiados exemplos. O libre mercado (austeridade, privatización e desregulación bancaria) non confire liberdade ós pobos. É un sistema inxusto que agudiza as diferencias sociais e condena ás clases máis pobres a unha morte lenta e angustiosa. Usa a violenza cando precisa imporse e, por medio do FMI e Banco Mundial, espalla o seu cancro infectando tódolos gobernos e países do globo terráqueo.

Podería falar do inxusto comercio dos países industrializados cara os países subdesenvolvidos (O FMI obrigou a Ghana a eliminación das súas granxas de polos e a comprar polos conxelados á Unión Europea; esto provoca ó ano centos de mortes por salmonelose, xa que estudos demostraron que a conservación destes polos conxelados é incorrecta, porque non se mantén a cadea de frío), das privatizacións impostas ós países máis pobres (En Nixeria, o FMI insistiu na privatización do sistema público de augas; esto supuxo un incremento tal do prezo da auga que a meirande parte da poboación nion ten acceso a este servizo) ou dos grandes proxectos internacionais, para beneficiar ás empresas occidentais e financiados por fondos para o desenvolvemento (a gran presa das Tres Gorxas en China, prevé un desprazamento de 1,2 millóns de persoas). Podería continuar a falar, mais quizabeis iso será outro día... claro, se antes non fechan este blog nun “claro exercicio de liberdade” por parte do sistema.