viernes, 12 de abril de 2013

fenda no corazón


Unha fenda no corazón,
un regreso á miña casa,
coas cidade nos talóns,
e a mala ostia entre os dedos.

As veces un atópase perdido
incluso no interno da habitación,
incluso na seguridade coñecida,
as veces un desoriéntase
e non atopa pro combate razóns,
acordas de súpeto no absoluto baleiro.

Unha fenda no corazón,
un presente ameazador e ameazante,
véxolles chegar ao fondo, lonxe,
coa lei baixo o brazo
e traxes de deseño italiano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario