jueves, 15 de noviembre de 2012

Dalles tempo

Ventos de cambio no xardín,
fálasme do xuizo do Prestige,
das bágoas do capitán do barco,
mais eu vexo ocos no banco
dos acusados,
faltan culpábeis que hoxe
dirixen este grís país,
non hai outra interpretación,
cren en Bruselas que somos parvos,
e teño que dárllela razón
aos asasinos representantes do libre mercado,
non se debe ser inxusto
cando coa verdade nos papeis
amosanse as mentiras que nos contan
en conferencias de prensa.

Agora atópanse sentido ás accións,
endurecemento de leis pra torpedear
aos que saen á lus coa verdade,
aos que protestan nas rúas
contra a impunidade coa que gobernan
son subersivos que ameazan o establecido,
e hai que actuar para limpala infección
que ameaza a estabilidade do país.
Pinochet pensaba no mesmo
cando montou os campos de concentración.
Sí, eiquí non é parecido,
mais dalles tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario