sábado, 31 de agosto de 2013

preparacion de guerra

Limpan as pistolas,
unha nova guerra en preparación,
outra nova intervención pola paz
que non é máis ca outro xenocidio.

A ninguén lle importa,
afinan os aparellos do sistema,
artigos de opinión xustifican
a violenza das armas coma solución,
xornalistas gurtelianos que desculpan
a uns políticos belicosos,
que so pensan en atacar

sempre que outro de o primeiro paso.

lunes, 19 de agosto de 2013

Celulosa

Baixa tranquilo o Lérez,
resiste ós atentados ecolóxicos,
a existencia dunha celulosa
que destroza todo ecosistema,
inda que hai quen os xustifique,
por un soldo a fin de mes,
por un cheque que apaga conciencias.

Camiño pola ponte,
vexo o auga baixar,
piragüistas que adestran,
unha sombra ó fondo
cunha indicativa columna de fume,
vexo con claridade cal é o problema,
cal é a solución,
pero ninguén escoita,
acúsanme de querer mal a esta terra,
cando son eles quen destrozan,
quen atentan contra o territorio,
que espallan enfermidades,

ceivando toxicidades á atmósfera.  

jueves, 8 de agosto de 2013

Evasión ou derrota

Evasión ou derrota,
fúmandome un peta
nesta tarde de xoves,
recorrindo á ilegalidade
porque xa non hai saídas,
non fica nada de espranza
entre o rueiro da cidade,
non queda nada en pé
entre estas paredes.

So desolacións,
so mortos ás miñas costas,
o futuro sempre vaise
e semella non querer voltar,
achegarse á miña beira,
sentilos seus aloumiños,
sempre se vai,
entre as sirenas e coches de policía,
e fico coma sempre abandonado,
sostendo un peta nos beizos,
recurrindo a ilegalidades,
pois xa nada queda en pé,

non hai espranzas nesta cidade.

sábado, 3 de agosto de 2013

Lugares esquencidos

Lugares esquencidos,
lonxe da economía de mercado,
do capitalismo en acción
que amosa os seus músculos,
cheos de tatuaxes militares.

Lugares onde todo está perdido,
onde os representantes do goberno
tampouco piden o voto,
sempre pasan de longo
os autocarros oficiais,
non se paran nen os príncipes
a disimulala súa decadencia.

Lugares esquencidos,
ós que sempre quero voltar,
cheos de liberdade sen política,
onde a xente natural
actúa coa natureza,
onde non hai normas sociais,
e as leis as marca un principio
de equilibrio de ecosistema.

Lugares ós que quero voltar,
sen carteis electorais,
eiquí non fai falla policía,
non hai crimes nen golpes de estado,
so satisfacción por vivir arredados
da violenza do Estado,
da falsa democracia do capital,
felices por ser nós mesmos
sen nengunha imposición,
sen sufrilas consecuencias

da economía de mercado.