Lugares esquencidos,
lonxe da economía de
mercado,
do capitalismo en acción
que amosa os seus
músculos,
cheos de tatuaxes
militares.
Lugares onde todo está
perdido,
onde os representantes do
goberno
tampouco piden o voto,
sempre pasan de longo
os autocarros oficiais,
non se paran nen os
príncipes
a disimulala súa
decadencia.
Lugares esquencidos,
ós que sempre quero
voltar,
cheos de liberdade sen
política,
onde a xente natural
actúa coa natureza,
onde non hai normas
sociais,
e as leis as marca un
principio
de equilibrio de
ecosistema.
Lugares ós que quero
voltar,
sen carteis electorais,
eiquí non fai falla
policía,
non hai crimes nen golpes
de estado,
so satisfacción por vivir
arredados
da violenza do Estado,
da falsa democracia do
capital,
felices por ser nós
mesmos
sen nengunha imposición,
sen sufrilas consecuencias
da economía de mercado.