jueves, 29 de noviembre de 2012

madurar

Se voltara cara atrás...
cometería o mesmo erro,
porque serviu coma aprendizaxe,
a sabiduría aristotélica
por medio da experiencia,
se voltara cara atrás
asegúroche que faría o mesmo,
sen arrepentementos,
de seguro que o faría.

Sabelo non sería excusa,
aprender ao cagala,
ao vela repulsa dos demais,
erros coma profesor de vida,
niso consiste madurar, ¿ou non?

divagación

Unha tensa espera,
parados no meio de nengures,
a triste estación de tren
froito de intereses políticos,
e xa non hai ninguén,
so un castelo erguido en pé
que resiste a desmemoria do tempo,
trócase a máquina de tren,
voltamos ao século XIX,
por iso non creo en vós,
por iso seméllame realmente estúpida
a vosa bandeira amarela-vermella

Se ao final

Se ao final hai un Deus
terá el toda a culpa,
mais se non,
ficamos sen xustificacións,
a culpa será toda nosa,
así acusados de crimes
contra a humanidade,
así xulgados, e con xustiza,
condeados a mil noites en pena.


jueves, 15 de noviembre de 2012

Dalles tempo

Ventos de cambio no xardín,
fálasme do xuizo do Prestige,
das bágoas do capitán do barco,
mais eu vexo ocos no banco
dos acusados,
faltan culpábeis que hoxe
dirixen este grís país,
non hai outra interpretación,
cren en Bruselas que somos parvos,
e teño que dárllela razón
aos asasinos representantes do libre mercado,
non se debe ser inxusto
cando coa verdade nos papeis
amosanse as mentiras que nos contan
en conferencias de prensa.

Agora atópanse sentido ás accións,
endurecemento de leis pra torpedear
aos que saen á lus coa verdade,
aos que protestan nas rúas
contra a impunidade coa que gobernan
son subersivos que ameazan o establecido,
e hai que actuar para limpala infección
que ameaza a estabilidade do país.
Pinochet pensaba no mesmo
cando montou os campos de concentración.
Sí, eiquí non é parecido,
mais dalles tempo.

martes, 13 de noviembre de 2012

INFERNO

Días sen saír. Días de infelicidade fechado na casa, tecendo poemas pra aforrarme consultas de psicólogo. Fumando coa inercia do que xa non ten nada máis que perder,

Aborrezo todo isto. Aborrezo iste mundo mediocre no que tocoume vivir. Por sorte ou por desgraza. Penso que quizabeis un aborto a tempo puidérame aforrar tanto padecemento. Debería botarlle en cara aos meus pais que non puxeran condón. Todo sería máis sinxelo.

A pesares do que penso, déronme a oportunidade de participar no absurdo dista gran mentira que é o mundo. Enchéronme a cabeza de cousas que hoxe me fan máis dano, golpeándome na soidade dista habitación. Sempre coa miña maldición a costas. Non hia nada pior que ser consciente da realidade. Disa dureza que non se pode manipular, isa que non contan os xornais. Unha dureza que pasa desapercibida perante a meirande parte dos ollos que me observan ao pasar.

So teño que resistir. Ideas preconcebidas nunha cela de tortura que é a relixión. Puxéronme cento de cruces pra reafirmala promesa de soportar isa decadencia que me consome. Metéronse na miña cabeza pra asegurarse de que non me rendiría, que xa mais abandonaría. E inda que fuxa, que renegue da infancia e disa crenza imposta e ensinada, sempre fica un repouso, un chisco que non se pode extirpar.

Días sen saír, días fechado na casa. Ollando pola ventá unha rúa chea de demos. Un presente convertido nun inferno. No auténtico inferno.

CAPITALISMO CORPORATIVO

En realidade, a batalla está servida. Pódenlle poñer tódolos adxetivos que queiran, edulcoralas con sucre glass ou cabelo de anxo. O certo é que hoxe vivimos, quen poida vivir, unha guerra sen cuartel entre dúas formas de entendelo mundo. Hai máis, pero son "vilipendiadas" polos libros de Historia, polos intelectuais de medio cerebro que reciben ao fin de mes sustanciais cheques provintes dalgunha organización escura, dalgún despacho de goberno.

O capitalismo corporativo contra o estado do benestar. Unha loita ideolóxica entre Milton Friedman e John Maynard Keynes. Libre mercado e empresas privadas contra regulamentos económicos e empresariais e servizos públicos. Estados coma títere ou estados participativos. A confrontación esténdese ata os nosos días.

O sistema diseñado por Friedman desenvolveuse durante 40 anos en países de todo o mundo. Comezou a imporse nas ditaduras de Latinoamérica. O propio profesor de Chicago foi asesor do golpista chileno Augusto Pinochet. O seu nome vincúlase tamén as ditaduras en Arxentina, Honduras e Guatemala. Nos anos 80, as súas teorías deron o salto á política norteamericana, con Ronald Reagan de presidente, e en Gran Bretaña, con Margareth Tatcher.

A partires de ahí, a súa doutrina económica de libre mercado, ou tamén chamada de laissez faire, foi imposta ata chegares paseniñamente no corazón da Unión Europea. A crise económica que azouta a economía mundial dende o 2007 mudou as políticas comunitarias, encamiñadas á privatización dos servizos públicos, control do gasto público e contención das débedas estatais.

Angela Merkel, a canciller alemana, é hoxe unha firme seguidora disas políticas liberalizadoras. O país xermano, cunha posición dominante en Bruselas, e propietario dunha parte da débeda dos países máis febles, executa unha chantaxe en toda regra aos gobernos distes países. Os que tentaron reisitirse, remataron disoltos polos requerimentos de Berlín. Italia, Grecia, Portugal e Irlanda, son demasiados exemplos pra decatarse de que algo perigoso estase a cocer. Xa non importan as lexitimidades, nen as supostas soberanías do pobo. Chega o tempo da tecnocracia. 


O estado español non é alleo a isa chantaxe. Coa pantasma do rescate sobre a súa realidade, executa con mao férrea tódalas receitas que lle mandan dende Francfort. A folla de ruta marcada pola BCE é seguida coma unha relixión, sen desviarse no camiño polo medo aos homes de negro, á muller do saco. E dalles o mesmo o que iso supuña, ¿quen pensa naquiles que hoxe sufren?, ¿en que estadísticas métense toda isa xente que malvive, os rapaces que non poden estudar, a sanidade que lle negan a parte da poboación?.

As actuais políticas amósanse inxustas e insuficientes para respostar á crise económica. As primeiras voces discordantes comezaron a xurdir dende organismos internacionais coma o FMI. Tantos recortes públicos provoca o estrangulamento das economías estatais. A tan teimosa recesión é o único camiño que nos agarda ao final de todo isto. E con iso terán toda a xustificación: a privatización do mundo ao estilo Friedman., un capitalismo corporativo que so fará máis poderosos a quen máis ten, que so fará máis miserábeis a quen non ten.

lunes, 5 de noviembre de 2012

Na Galiza da deconstrucción

Na Galiza da deconstrucción,
cun goberno de tebras e dereitas,
asoballados ante a forza do capital,
un amplo artello de censuras e mentiras
pra destruílo estado social,
a mal chamada sociedade do benestar,
e lexislas diste xeito pra non parar
os cartos que corren polos seus petos,
e o pobre é eisí máis pobre,
son inercias que non deixan tocar.

Os xornais lánzanse á rúa
coa intención de manipular,
meternos o medo no corpo,
toda isa crise económica que temos que soportar,
a corrupción coma algo cotiá, algo normal,
entre políticos que falan de democracias,
que enchen de baleiras proclamas os telexornais.
Non se pode facer nada, somentes aguantar,
a crise internacional é unha excusa máis,
unha xustificación pra metela tixeira,
namentras piden respeto e comprensión,
privatizan a educación e sanidade,
non lles importa o que isto suporá,
seguen trapallando a vida pública
o mesmo goberno asoballado
polo miserábel capital