miércoles, 8 de mayo de 2013

conclusión

Un son de vidros esnaquinazos,
co meu sangue enchoupando a rúa,
a resaca do que non foi,
do que endexamais será,
unha mensaxe que a vida faime chegar,
e xa non son eu, xa non me recoñezo
niste absurdo materialismo imperante,
éncheme dunha carraxe incontíbel,
rebélome contra o tristeiro pasado,
contra o irrecoñecíbel futuro que virá;
a espranza será entón unha poza de frustracións,
e toda a poesía do mundo
fundirase nunha soa conclusión,
neniña, iste é un mundo de merda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario