miércoles, 8 de mayo de 2013

Ministro e o aborto


Hai quen non mide as palabras, que fai de cada intervención pública un exemplo de mediocridade. Xente pequena que, coa súa inutilidade, condénanos a máis e máis angurias. Témolos que soportar porque os financiados medios de comunicación do Estado danlle cobertura. E os que nos sentimos indignados, claro, temos que calar. Pola regra de tres, estendendo a racionalidade  pola cabeza, chego a conclusión de que se o aborto ten que ver con ETA, que seremos o resto...

Non entendo coma niste gris e suxo país investígase e se condena a artistas que rexeitan doctrinas verticais, que fan do seu arte un acto de denuncia contra os criminais que nos gobernan. Non entendo como cando expresas o teu descontento ante a situación, un mediocre cargo político intermedio ameázate co despido amosándote as portas de saída. É incomprensíbel como censuran aquilo que non lles interesa, como conseguen que tiremos de autocensura agora que as cousas semellan tan fodidas. Non entendo, como nesta merda de país, con tanta represión e tanta censura, non se considere delito as parvadas que cuspen homen e mulleres minúsculos, que apestan a doutrinas católicas enchoupadas en represión.

As verbas do ministro de interior apestan a ignorancia, a intransixencia, a pensamento de tempos franquistas e ata a alitose. Son as verbas dalguén que perdeu o rumbo, que precisa farmacoloxía para unha enfermidade mental que, non sabemos se está diagnosticada, pero cunha sintomatoloxía definida. Unha especie de demencia que se espalla polas fileiras do patido conservador, que chega ata as bancadas da falsa esquerda no Congreso. Hai que preocuparse, non é para menos. Eles son os que xogan co noso futuro ao xadrez, eles son quen promoven ese goberno “Gran Hermano” ao máis puro estilo Orwell.

Eu son defensor do aborto. Sempre o fun, e mais agora. Reflexiono en silenzo sobre o tema, sobre as consecuencias. Non podo definir onde poñela liña, nen tan sequera os científicos chegan a acordos. Non son nengún cura experto no tema, nen un fiel votante de partidos de dereita, pra tela verdade nas súas maos, pra velo mundo cos seus ollos. Sinxelamente penso na liberdade da muller, nos padecementos dos nenos. Penso en saídas que se poden coller en troques de asinar condeas eternas. Aforrar sufrimentos, mellorala calidade de vida de antergos e devanceiros. E máis agora, defendo o aborto a tempo. Fechade os ollos, reflexionade un momento: ¿Cantos desgustos, cantos padecementos  nos aforraríamos se as nais dos ministros tiveran no seu tempo ise dereito?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario