lunes, 20 de mayo de 2013

eslabóns perdidos


Paisaxes eléctricos,
océanos de poesía,
trens cara ningures,
i eu que non vou chegar
á cita co desencanto.

Todo vai de mal a pior,
tentaron enganarnos mais o tempo
rematou por sepultalos,
as mentiras publicadas
queimáronse das hemerotecas,
políticos e xornalistas
renegaron das súas propias verbas,
a pesar de que ninguén os escoitaba,
de que estaba ferida de morte
a súa credibilidade.

Inda así lles pagamos,
un sistema oligarca e represor
moi ben construído,
favorecen a mediocridade,
expulsan aos que queren innovar,
pois na Idade Media non se vivía tan mal,
(iso debe ser o que pensan,
se non é así, non o entendo)
que é cara onde ímos,
con ministros do Paleolítico,
parentes lonxanos do Neardenthal,
quizabeis os afamados eslabóns perdidos.

2 comentarios:

  1. Como gallego cuenta qué piensas de esto
    http://puertoparanoia.blogspot.co.uk/2013/05/mega-mineria-en-galicia.html?showComment=1369700637759#c8715694239428856803

    ResponderEliminar
  2. O proxecto mineiro en Corcoesteso é unha cafrada, xa dende o intre que se propuxo. O uso de cianuro e amoníaco por parte da multinacional canadiense, demostrado noutros lugares nos que estivo, contaminará unha zona de grande riqueza ecolóxica (É un parque natural). Unha vez máis demóstrase que as leis e a natureza están supeditadas ós beneficios económicos. E logo, que os gobernos son marionetas perante a fortaleza das multinacionais. É unha vergonza, non se pode soportar. O propio sistema "democrático" cae polo seu propio peso. Aparecerán enfermidades, que o Estado non pensa tratar. Destruirán unha terra pra echelos petos da multinacionais. A xente verase sometida ás policías dos gobernos que non dubidarán en golpear. E a liberdade e o sistema democrático estarán mais representados ca nunca: manda a multinacional, o que diga a xente eche o mesmo

    ResponderEliminar