lunes, 20 de mayo de 2013

política


Tambores de eleccións
síntense dende a avenida,
a dereita chamando polo patriotismo,
a proto-esquerda falando de solidariedade
nun escenario internacional
no que non pintan nada,
as decisións pasan de lungo
coma un dises ruidosos Fórmula 1,
ninguneados e desprezados
nas reunións de mandamases capitalistas,
e inda eisí fan chamamentos,
claman pola dignidade dun país
que sofre coma ninguén a crise,
da que por certo non teñen culpa,
a pesares de que gobernan so eles,
de que non deixan capacidade de decisión,
que desprezan a liberdade do pobo,
traizóano por fedorentos postos
nas multinacionais xenocidas,
repártense por igoal o pastel,
as supostas diferencias ideolóxicas son hoxe
outra mofa máis ó cidadán,
un insulto a todos permitido pola lei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario