lunes, 20 de mayo de 2013

A deleiba do mundo


A deleiba do mundo,
a degradación do inconsciente,
liberdade sobre o papel,
oligarquía infectada
polo culto ó capital,
pola desregulación criminal,
quitando e poñendo gobernos
cando teñen intereses por medio.

Se non te decatas,
es máis parvo do que pareces,
a historia ten infinidade de exemplos
do que estou a contar,
a represión da “liberdade”
cando un quere outro sentir,
outro xeito de facer política,
so hai un único camiño,
se te saes, afronta as consecuencias,
e para iso tecen as leis,
para iso controlan os mass media,
¿por que cres que con tantas perdas
as empresas de comunicación non fechan?.

Non sexas un ignorante máis,
revólvete contra o establecido,
non sexas outro precario que move a testa
so cando llo ordenan,
que celebra os trunfos deportivas
para tapala frustración que produce
ter unha existencia de merda,
non sexas un hipócrita máis,
analiza fríamente a realidade,
dalle a volta os sucesos,
míralle á cara o presente,
decataraste da mentira,
as falacias dos políticos
e das multinacionais que os sustentan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario