sábado, 3 de agosto de 2013

Lugares esquencidos

Lugares esquencidos,
lonxe da economía de mercado,
do capitalismo en acción
que amosa os seus músculos,
cheos de tatuaxes militares.

Lugares onde todo está perdido,
onde os representantes do goberno
tampouco piden o voto,
sempre pasan de longo
os autocarros oficiais,
non se paran nen os príncipes
a disimulala súa decadencia.

Lugares esquencidos,
ós que sempre quero voltar,
cheos de liberdade sen política,
onde a xente natural
actúa coa natureza,
onde non hai normas sociais,
e as leis as marca un principio
de equilibrio de ecosistema.

Lugares ós que quero voltar,
sen carteis electorais,
eiquí non fai falla policía,
non hai crimes nen golpes de estado,
so satisfacción por vivir arredados
da violenza do Estado,
da falsa democracia do capital,
felices por ser nós mesmos
sen nengunha imposición,
sen sufrilas consecuencias

da economía de mercado.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario