viernes, 12 de abril de 2013

Moi ben disimulada


Mudar de rexistro. Renegar do anterior escrito. Adaptala poesía a unha de combate. Xa non serven as escusas, nen que se convertan en frases feitas. Ben chegados sexan os tempos de rebeldía, de insurrección perante as políticas xenocidas de libre-mercado.

Non sei se te decatas, venden todo o que nos pertence. Xogan co noso futuro a un xogo tráxico en reunións de altas esferas. Negocian, chegan a acordos, asinan no noso nome declaracións de guerra, Real Decretos de índole represivo. Iste goberno Gran Hermano que so procura perpetuarse nas poltronas do Parlamento.

Non se pode negala evidencia. Hai que ser moi parvo para non decatarse do próximo movemento. Como Bobby Fischer e as aperturas de Spassky, todo semella ser parte de un plan trazado de antemán. Unha táctica de desconcerto efectiva realmente. Viran a atención cara as asuntos de pouca importancia, cara reclamacións de bandeiras manchadas de sangue. En troques, fica esquencida nunha caixa chea de pó, a verdade. As esixencias europeas, o recorte non casual de dereitos, a extirpación do Estado social, a maquinaria bélica do libre-mercado, as tropas de control despregadas na praza, os curas e policías predicando co exemplo. Así todo ben suxeito, unha sucia realidade ben artellada, moi ben disimulada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario