jueves, 25 de abril de 2013

narcotraficantes


Unha vergonza nazonal,
unas fotos que representan
a indignidade da clase política,
atrás fican as palabras de Zaplana,
“eu estou niso para forrarme”,
perdidos nalgún cartafol
do caso Naseiro,
ise persoeiro que chegou a ministro
ríndose de toda a poboación,
uns electores que diste xeito retrátanse.

Hai quen dimite,
pero para iso hai que viaxar ó estranxeiro,
aló onde nos bota o señor Feijoo,
que nos fecha as portas de entrada,
e logo pídenme que o respete,
mediocre figura que me expulsa da terra,
que sae a pasear con narcotraficantes,
que desfruta do seu bon estilo de vida,
namentras o resto condenado
tentamos sobrevivir a pesares do pouco ar
que nos deixa.

Unha vergonza nazonal,
unha cobardía ata o extremo,
as xustificacións son un insulto
para quen inda pode pensar,
non é o caso dos conservadores
apoltronados no Parlamento,
vendo a vida pasar,
enchendo os seus petos cos cartos
extirpados ós contribuíntes,
para non facer nada,
para pasalo ben en iates
e repartir axudas públicas a narcotraficantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario