jueves, 25 de julio de 2013

O tren do progreso

A morte chegou sobre os raís do progreso. No día grande de Galiza, un día de festa e de reivindicación, a traxedia golpeou os internos do noso país. Faise moi compricado escribir estas liñas. As imaxes son terríbeis. Circulan pola miña testa as viaxes nese mesmo tren, a xente que coñecín nel.

Son 78 os mortos. Toda a cidade está asolagada pola tristura. Recintos onte deportivos, son hoxe improvisados tanatorios. As familias deambulan na procura de información. As chamadas de teléfono sucédense sen resposta.

Hoxe irá todo o cortexo gubernamental. Pasearán rodeados dunha lexión de gardacostas para que ninguén se lles achegue. Logo finxirán consternación. Quizais Feijoo, o noso narco-presidente, bote polos seus ollos unhas cantas bágoas, como nas eleccións. E todos presenten as súas falsas condolencias ás familias das vítimas.

Nada disto tería que ter ocorrido. Ocorrerá coma no metro en Valencia. Ou, perto na memoria, o caso do afundimento do Prestige. O propio xuiz do caso, recoñeceu que “non están todos os que deben estar”, unha clara alusión á falla de representantes do Estado, aqueles que tomaron malas decisións ou negáronse a afrontala evidencia.

Por iso, coa carraxe e coa dor, debemos ESIXIR responsabilidades. Que se investigue todo. Coa nunca se fixo niste gris reino. Que se investigue con rigor, e se publique todo. Que non deixen lar á especulación. E que caian tódolos que deben caer. Non quedarnos en migallas. Hai 78 mortos que merecen un respeto.

Os primeiros indicios apuntan a un exceso de velocidade. Sen dúbida. Hai que lembrar que un dos vagóns pasou por riba dun muro de 6 metros. A velocidade tivo que ser moita. Horas despois, o propio maquinista, recoñeceu que ía a 190 km/h, nunha curva na que a velocidade máxima é 80 km/h. A propia Renfe, logo de non respostar ás chamadas durante varias horas, recoñeceu en varias entrevistas que o tren ía con atraso. A velocidade é o atraso. Poida que sexan as causas fundamentais.

Pero hai máis. Sen dúbida, hai que saber se a propia Renfe presionou ós conductores para que chegasen á hora. Sen dúbida fallaron tamén os famosos anclaxes, eses nos que era imposíbel descarrilar. E a curva... técnicos de fomento xa avisaron no seu tempo que era peligrosa. E ninguén lles fixo caso. Non se quixo facer recta para non expropiar, para non pagar máis. Ó final, de novo ronda o vampiro da economía.

Tódolos que denunciaron que as obras do AVE estaban mal deseñadas, que non eran seguras, teñen hoxe unha tráxica razón. O tempo e os acontecementos así lla dan. Tódolos políticos que se rían, que lles chamaban lengüeteiros, seguen hoxe no cargo. Non hai dimisións, nen se agardan. É a desgracia de nacer na triste Iberia.

Sen dúbida hoxe é un día de loito, de dor. Os próximos días marcarán o devalar do caso. Veremos quen asume responsabilidades (os conductores), e tódolos que van agochala testa baixo a terra (representantes de Renfe, de Adif, políticos varios de tódalas cores). As boas palabras deixaran paso ó esquencemento. E todo seguirá igual, coa mesma inseguridade de entón, a mesma que se levou por diante 78 vidas.


E entre todo o panorama desolador, unha antiga ministra en Córdoba estará brindando polo traballo ben feito. Non sairá o seu nome no sumario do caso, pero será a principal culpábel. Recortou en gastos, non atendeu ós informes que desaprobaban esa obra e a súa xestión. Críase a máis lista do patio de escola. So agardo que a xuíza Ayala a persiga xudicialmente polo caso dos ERE. Aparte da malversación, que cumpra mil anos de condena polo xenocidio de 78 persoas.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario